O ensino
organízase.
Unha rede de asembleas abertas, autónomas e coordinadas para defender e transformar o ensino público.
Explora a rede108 asembleas na rede


Unha organización feita desde os centros.
Nacemos para recuperar capacidade de decisión, poñer en común os problemas cotiáns e converter o malestar disperso en acción colectiva.
Coñece como funcionamosAsembleas de centro
Espazos abertos para compartir información, deliberar e tomar decisións colectivas.
Coordinación comarcal
Unha escala próxima para conectar centros, campañas e necesidades territoriais.
Asemblea xeral
O lugar común onde a rede acorda prioridades e constrúe capacidade compartida.
Actualidade
Catro aulas, tres mestras. E unha escola facendo malabares.
A ANPA Magnolia denuncia a falta dunha mestra de apoio na EEI Vila Laura, onde o centro conta con 12 docentes de Infantil fronte ás 13 prazas recollidas no catálogo.
Xornada de Organización das Asembleas Abertas do Ensino Público
O 26 de setembro celebraremos en Santiago de Compostela unha Xornada de Organización aberta a todo o profesorado para definir colectivamente o funcionamento, os roles e os espazos das Asembleas Abertas do Ensino Público. Antes desa data, cada asemblea de centro poderá debater e enviar as súas propostas.
O profesorado do sur da provincia de Pontevedra pecha o curso sen baixar a garda: 16 martes en loita e unha tarde de mobilización o mércores
O profesorado pecha 16 semanas consecutivas de Martes en Loita cunha nova mobilización ao carón da Xunta e coa mensaxe de que remata o curso, mais a loita non remata.
Unha rede. Moitas voces.
Cada centro decide. As comarcas coordinan. A rede comparte forza, materiais e memoria.
- 01
Atopa o teu centro
Todos os centros públicos están na base de datos, teñan ou non asemblea.
- 02
Activa a comunidade
Solicita a creación dunha asemblea e recibe acompañamento da rede.
- 03
Coordínate e participa
Comparte recursos, leva propostas á comarca e participa nas decisións xerais.
Rexistra a vosa asemblea
Non precisades ter todo resolto. Deixádenos os datos básicos e unha persoa da rede poñerase en contacto convosco.