Ir ao contido
Asembleas Abertas
do Ensino Público
Recurso

01 de setembro de 2026

Kit de inicio de Asemblea de Centro

Kit inicial para montar asembleas de centro. Versión en PDF imprimíbel de alta calidade.

Abrir ou descargar en Drive
← Materiais

Unha guía breve para organizarse, compartir problemas e construír respostas colectivas desde abaixo.

O kit recolle todo o necesario para pór en marcha unha asemblea de centro e conectala coa rede:

  • Que é unha asemblea de centro e como funciona
  • Primeiros pasos e guía para a primeira reunión
  • Ficha de diagnose de necesidades
  • Da asemblea de centro á rede: comarcas e asemblea xeral
  • Grupos territoriais e normas para coidar os espazos
  • As 10 medidas para mellorar o ensino público
  • Materiais, canles e modelo de acta

Descargas

Versión en cor

Para ler en pantalla e compartir en dixital.

Portada do kit de inicio de asemblea de centro, versión en cor

Descargar o kit en cor (PDF)

Versión imprimíbel

En branco e negro e preparada como folleto A5: 3 follas A4 que, dobradas á metade, dan un folleto de 12 páxinas.

Portada do kit de inicio de asemblea de centro, versión imprimíbel en branco e negro

Descargar o kit imprimíbel (PDF)

Como imprimilo:

  1. Imprime en A4, a dobre cara.
  2. Na configuración da impresora, escolle voltear polo bordo curto e tamaño real (100 %), sen «axustar á páxina».
  3. Colle as 3 follas xuntas, dóbraas á metade e, se queres, grampa no centro.

Se a fotocopiadora do centro ten a opción «Folleto», non a uses: o PDF xa vén coas páxinas na orde correcta.

E despois?

Cando teñades a asemblea en marcha, rexistrade o voso centro e unídevos ao grupo da vosa comarca.