08 de setembro de 2026
Cartaz · Comeza o curso en loita
Comparte a información das asembleas, participa nas accións e anima o profesorado a organizarse por unhas condicións laborais dignas e un ensino público de calidade.
Abrir ou descargar en Drive
Comeza o curso en loita! Este cartaz anima a levar a mobilización aos centros desde o primeiro día: acudindo ao claustro e ás primeiras reunións coa camiseta, participando nas xornadas organizativas do 26 de setembro e compartindo a información das asembleas na sala de profesorado. Porque defender unhas condicións dignas para as traballadoras e os traballadores do ensino é tamén defender un ensino público de calidade para todo o alumnado.
Descarga o cartaz, imprímeo e colócao no teu centro. Comparte a información e anima máis compañeiras e compañeiros a sumarse á loita!